jueves, 19 de diciembre de 2013

LIBRO SELECCIONADO PARA O 3º CICLO

Ola amiguiños amantes da lectura!!

Un ano máis arranca o clube de lectura da biblioteca do CEIP "O Ruxidoiro" e, nesta ocasión, dada a grande demanda de interesados en participar no mesmo, no 3º ciclo de Educación Primaria confeccionaranse dous grupos correspondentes aos alumnos de 5º e 6º respectivamente.

Ao longo de todo este curso, a coordinadora de ámbolos dous grupos correspondentes ao 3º ciclo de Educación Primaria será Dona Esperanza de León González e, os libros escollidos para disfrutar do placer da lectura serán:

5º de Educación Primaria

"GORDIÑO RECHEO" (Fina Casalderrey)



Son Zoel e estou algo gordecho. Pasei uns días no hospital cunha costela rota e os pés escaiolados. Ademáis descubríronme colesterol e hipertensión, que seica aparecen pola mala alimentación. Como non podía moverme, aproveitei para escribir estas memorias. Nelas conto o que pasou no campamento, onde case me ocorre unha desgraza, e o aburrido que foi estar no hospital. Menos mal que neses días lin un libro ben divertido que me fixo pensar... Serei obeso?


6º de Educación Primaria

"O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA" (Fina Casalderrey)


A Lúa, a gata, desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que reclama explicación para todo, non entende este misterio. ¿Quen lle leva os fillos a Lúa? El, coa axuda da súa noiva branca, non ha parar ata te-la resposta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario