Un ano máis arranca o clube de lectura da biblioteca do CEIP "O Ruxidoiro". Neste curso, a coordinadora do grupo correspondente ao 1º ciclo de Educación Primaria será Dona Ánxela González Cid e, o libro escollido para comezar a nosa andaina lectora será "O MISTERIO DA CASA DO POMBAL" (Fina Casalderrey).
Pero iso acontecía hai moitos, moitos, anos... xa ninguén lembra o tempo que pasou dende que as chemineas permanecen mudas. As xentes de Vilacova, que así se chama o lugar da vila mariñeira na que se ergue o casarío, nin sequera recordan se, nalgunha ocasión, alguén habitou realmente esa sorte de castelo de conto. Un castelo de conto... de terror, quizais?
No hay comentarios:
Publicar un comentario