jueves, 19 de diciembre de 2013

LIBRO SELECCIONADO PARA O 2º CICLO

Ola amiguiños amantes da lectura!!

Un ano máis arranca tamén o clube de lectura da biblioteca do CEIP "O Ruxidoiro" cos alumnos escolarizados no 2º ciclo de Educación Primaria. Nesta ocasión, a coordinación do grupo correrá a cargo de Dona Irene Veiga Durán e, o libro escollido para comezardes a disfrutar da lectura será "MIL COUSAS PODEN PASAR" (Jacobo Fernández Serrano).


Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas do título da obra. A narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o excepcional é o cotián, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese no lóxico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario